
NÓS
A Escola Galega de Teatro Musical, é un proxecto de emprendemento cultural, creado en 2018 para achegar ata os nosos veciños e veciñas unha das vertentes máis populares das artes escénicas na súa lingua e con identidade propia. Empeza a súa andadura como escola con apenas 8 alumnos e amplía progresivamente as súas liñas de traballo ata consolidarse como referente do teatro musical na nosa cidade. Na actualidade traballa en base a tres pilares fundamentais:
Educativo: Máis de 50 alumnos pasan cada ano polas aulas do centro. E leva o teatro musical a outros centros de ensino público da Coruña e Oleiros.
Artístico: Como compañía de teatro profesional, produce e dirixe dende 2020 espectaculos teatrais de mediano e gran formato.
Social: Tras a pandemia impulsa a creación da Asociación Galega de Teatro Musical, facilitando o acceso ó teatro musical a persoas en risco de exclusión social, e colaborando con outras entidades.
Temos o obxectivo profesinoal de crear unha vertente propia e xove no drama galego, preto das grandes producións de Gran Vía ou Broadway. Herdamos historias propias que contar e queremos facer das nosas raíces un forte tronco que impulse a nosa cultura un paso máis aló e dea cabida a xoves intèrpretes que emigran en busca de teatro musical a Madrid, Londres ou EEUU.

Doutra banda, tras anos de estudo e dedicación ás artes escénicas e audiovisuáis, atopamos un oco valeiro na formación total do actor dende a infancia. A exixencia de unificar disciplinas artísticas para afrontar as modas teatrais require unha formación completa do actor, imposible de afianzar se non se comeza a traballar dende neno.
Nos últimos anos, medra o número de matrículados nas ensinanzas artísticas de réxime especial, incluida a especialidade en interpretación musical, que ofertan cada vez, maís ESADs españolas e escolas privadas. Nós, ofertamos unha educación preto da casa.
Traballamos tamén en colaboración con outras entidades que nos permiten producir obras de gran formato, como o musical de produción local Avanoa, estreado no pasado outubro, para impulsar o talento local e as posibilidades laborais do noso alumnado.
Dirección do centro - Sara Fandiño. Actriz e directora de teatro e televisión, especializada en Teatro Musical na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, Licenciada en Comunicación Audiovisual e Técnico Nacional de Ximnasia Rítmica. Con formación en interpretación, canto e danza, e mestra das tres disciplinas


A EGTM gaña 8 galardóns no certame teatral da Deputación da Coruña.

MEISEL POPULARIZA Á EGTM

A Escola Galega de Teatro Musical dirixe e interpreta o musical AVANOA

A EGTM lanza o proxecto Millo para representar a tradución galega do musical Spring Awakening

A Meiga da Fonte, un musical para nov@s influencers

100% de admitidos nas ESADs

XESUCRISTO SUPERSTAR, EN GALEGO!
