Dende a "Escola Galega de Teatro Musical", centramos a atención no teatro musical, para facer máis produtiva a industria cultural galega. Analizando o éxito actual do teatro musical en España, preferido por máis dun cuarto do público (porcentaxe en alza), estreamos en 2020 a nosa primeira produción "O Candil" , un musical 100% galego. Un proxecto de emprendemento xove encabezado por mulleres galegas que confian nas posibilidades do teatro musical na súa terra. Dende entón, seguimos unha liña de produción que fusiona o teatro musical máis comercial coa nosa cultura.

A finais de 2026 estrearemos  HONRA, o noso musical máis ambicioso. Un musical de gran formato, que narra os acontecementos sucedidos durante os días de asedio inglés á cidade da Coruña, nos que non só María alentou á loita. Unha moderna reflexión sobre que nos converte en heroes, ou mellor dito, que nos converte en estatua de bronce. Unha historia para público adulto sobre as nosas mulleres máis icónicas.Con BSO publicada e especialmente composta para chegar a todo tipo de espectadores.

Seguimos representando O CANDIL