Campamentos de verán 2023

Solicita a túa praza en escolagalegadeteatromusical@gmail.com

Información xeral do curso

Como cada período vacacional, ofertamos a posibilidade de introducir a máis alumnos/as no universo do teatro musical, para gozar e traballar na unión das súas disciplinas: danza, canto e interpretación teatral. Un campamento intensivo artístico-cultural no que os nenos nenas e adolescentes máis creativos e dinámicos, atoparán a mellor vía de escape tras a tensión do curso académico.

O campamento ten como obxectivo a inmersión dos alumnos no mundo do Teatro Musical e polo tanto, das distintas disciplinas das que se compón. Coñecerán os principios básicos da Arte Dramática na súa especialidade musical e participarán na creación de pequenos montaxes e escenas, que integren interpretación, canto e danza.

Interpretación: A mellor forma para comunicar con paixón. Mellora as habilidades sociais, e axuda a falar e expresarse con claridade, algo cada vez máis demandado no ámbito laboral e académino e que sen dúbida, é preciso traballar dende a infancia. Ademais axuda a afondar na lectura e mellorar a comprensión lectora. Favorece a creatividade do alumno mediante a improvisación e a resolución de conflitos. Actuando, os mozos e mozas están nunha búsqueda constante; toman decisións, aprenden máis sobre eles e sobre os demais e sobre todo empatizan. 

Danza: Unha das formas máis divertida de estar en forma. Estimula a circulación e mellora a axilidade e o equilibrio. Tamén axuda a traballar a expresión corporal e a corrixir a postura.

Canto: Mellora a capacidade vocal, auditiva e pulmonar, fortalecendo o aparato respiratorio. O canto traballa co diafragma con melloras na expresión oral cotiá. Libera e fai esquecer as tensións.

Duración do campamento e horario: A duración do curso será semanal, o alumnado poderá participar en 1, 2, 3, 4 ou ata 5 semanas. As semanas a escoller irán do luns 26 de xuño ó venres 28 de xullo. 

O horario será matinal, de 10:00 a 14:00.

Idade do alumnado: Estará indicado para alumnos entre os 5 e os 16 anos. Os alumnos serán organizados en pequenos grupos de idade e habilidades. 

Obxectivos xerais do campamento:

-Abordar o proceso de aprendizaxe sen prexuízos: Os coñecementos previos do alumno non deben obstaculizar a adquisición dos novos.

-Cumprir coas normas de hixiene específica da actividadade: Aprender a acondicionar o corpo e a mente para unha actividade que vai exixir un esforzo físico e mental. Manter unha actitude que permita analizar e percibir a propia persoa con enerxía e profundidade.

-Comprometerse co traballo persoal: Tomarán conciencia da importancia do estudo se queren que os proxectos nos que participan avancen. 

-Puntualidade: Entrar a la clase ordenada e puntualmente.

-Cultivar actitudes que fomenten a comunicación e a confianza, evitando que o mal humor e o desánimo interfiran no proceso de aprendizaxe.

-Expresar con claridade e respecto as ideas, conceptos ou sensacións para favorecer o intercambio.

Obxectivos específicos do campamento

-Coñecer e levar á práctica os sistemas de interpretación na posta en escena do espectáculo.

-Aplicar as ferramentas de corpo, voz e interpretación na posta en escena do Teatro Musical.

-Crear espectáculos.

-Aprender a traballar de forma autónoma e a valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor.

-Fomentar a capacidade para automotivarse e organizarse nos procesos creativos.

-Utilizar a capacidade da imaxinación, a intuición, a intelixencia emocional e o pensamento creativo para a solución de problemas e para resolver situacións ficticias.

-Coñecer e aplicar a disciplina propia da arte dramática con boa actitude e implicación.

-Fomentar a expresión e creación persoal, integrando os coñecementos técnicos e prácticos adquiridos, asumindo o risco e tolerando o fracaso.

-Coñecer os principios de comunicación e expresión propios da linguaxe teatral.

-Recoñecer e tomar conciencia das posibilidades expresivas, corporais e vocais a través do teatro.

-Deixar atrás a timidez, e adquirir ferramentas para loitar contra ela.

-Falar e expresarse con determinación e claridade.

-Mellorar a dicción.

Metodoloxía

O método utilizado respecta os seguintes principios:

-Principio de priorización da práctica: a maior parte do traballo consiste na realización de exercicios prácticos e xogos.

-Principio de actividade e participación: mediante actividades que favorezan o dominio técnico e estimulen ó alumnado na dinámica da clase. Animarase á acción mediante comentarios críticos e reforzos positivos.

-Principio de individualización: respectando as diferenzas de cada alumno/a, favorecendo a adaptación á sua orixinalidade e expresividade.

-Principio de progresión: ordenación da actividade segundo un criterio de complexidade crecente.

-Principio de colaboración: fomentando a colaboración técnica e artística entre os alumnos/as.

-Principio de autoaprendizaxe: que permita que o alumnado descubra por el mesmo a aplicación e a finalidade do traballo, favorecendo a autorreflexión.

Actividades

Expresión corporal: O corpo, queda nos tempos modernos relegado a unha posición secundaria fronte a expresividade vocal, pero non podemos esquecer, que non existe unha boa comunicación se ambas partes traballan de xeito illado. É fundamental que dende a infancia, corpo e voz traballen xuntos nunha comunicación completa. O corpo é o motor e soporte das nosas emocións.

Acrobacia: Sen asumir riscos innecesarios, intentaremos que os rapaces e rapazas teñan unha primeira toma de contacto con esta actividade tan saudable e grupal.

Danza: Faremos un percorrido polos distintos estilos de baile dende os seus inicios primitivos como culto en sociedades primitivas ata as danzas urbanas máis modernas, pasando polo ballet, as danzas históricas e como non, o estilo fundamental do teatro musical, o jazz.

Música: Veranse os conceptos básicos da linguaxe musical e as aplicacións da materia dentro da expresividade e a interpretación teatral. Traballarase o oído musical e os conceptos tempo-ritmo.

Canto: O canto é a materia por excelencia no teatro musical. Aprenderán a técnica vocal básica no traballo de voz falada e cantada, pero tamén traballarán o canto aplicado á arte dramática, sen esquecer a fundamental unión corpo-voz.

Expresión oral: Os problemas na fala son comúns a estas idades. Os nenos e nenas poderán traballar a importancia da palabra oral e a boa pronunciación. É importante que os cidadans teñan cada vez máis consciencia do uso da palabra e de como temos que falar e presentar proxectos en público.

Repertorio: Farase un pequeno percorrido polo repertorio da historia do teatro e o cine musical.

Teatro/Interpretación/Improvisación: Traballaranse as distintas ferramentas da Arte Dramática e a aplicación teatral desta. As persoas asistentes participarán nunha pequena montaxe teatral na que serán uns auténticos actores e actrices de teatro musical, interpretando, cantando e bailando. Ademais coñecerán a raíz do traballo actoral, dende os comezos do proceso: análise de textos, estudo e creación de personaxes, dominio das emocións...

Escenografía, máscaras e caracterización: O mundo do teatro contén unha boa parte de traballo plástico que os nenos poderán coñecer deseñando e compoñendo o seu atrezzo, máscaras e maquillaxe. Este é un traballo plástico e manual pero no que tamén se traballa a creatividade, a destreza manual e a organización de tarefas.


Prezos para novos alumnos e alumnas: 

1 semana: 120 euros persoa.
             2 semanas: 215 euros persoa.                 Máis de 2 semanas: 100 euros á semana.

As persoas que asistan a clase anualmente terán un desconto do 40% na mesma proporción.