100% de admitidos nas ESADs

05.08.2021

A EGTM consegue o pleno nas probas de acceso a estudos superiores. 

Os nosos alumnos e alumnas do módulo preparatorio superan os bos resultados do ano pasado, conseguindo todos praza na Esad de Vigo e a Resad de Madrid, nesta última dentro do seu percorrido específico de Interpretación Musical. 

Estamos felices e orgullosos do seu talento, pero moito máis da súa capacidade de traballo e o grande esforzo realizado neste ano de tantos sacrificios. 

O nivel dos candidatos e candidatas é cada vez máis alto e por elo queremos felicitar tamén o resto de candidatos e candidatas que non tiveron a mesma sorte e animalos a seguir traballando para o ano que ven. 

Tras o éxito acadado deixamos aberto o prazo de inscrición para o grupo preparatorio, no que prepararemos as probas de acceso para a vindeira convocatoria.