XESUCRISTO SUPERSTAR, EN GALEGO!

21.05.2021

A EGTM estrea a primeira versión ofical galega do gran musical Xesucristo Superstar!

Moitos foron os afortunados que gozaron dunha das primeiras traducións galegas dunha obra de Broadway. O auditorio municipal de Cerceda, acolleu as representacións realizadas polo elenco de alumnos e alumnas avanzados da EGTM, durante os días 24 e 24 de abril. As funcións, para as que se esgotaron tódalas entradas, minutos despóis da súa saía, contaron con público de distintas partes de Galicia, xa que ninguén quería "perder a ocasión de ver un dos mellores musicales, na nosa lingua e de balde". A directora da EGTM, Sara Fandiño, comenta que esas seguirán sendo as claves e obxectivos da compañía profesional e a escola: que os espectadores galegos conten cun teatro musical accesible para todos e todas. 

Yacine Dieye e Aitana Hernández foron a escollidas para cargar co gran peso vocal e interpretativo do popular Xesucristo, co que compartiron escenario a traizón de Xudas (Carlos Galán) unha doce María (Camila Ferreyra), e unhas veteranas Herodes (MºJesús López) e Pilatos (Inma Fandiño). 

Chamaron a atención as voces de Raquel Cabañas, Susana Varela, e a pequena Ariadna Marínez, entre outras do numeroso elenco.