A EGTM gaña 8 galardóns no certame teatral da Deputación da Coruña.
Mellor obra e mellor dirección nas categorías cadete e sénior. Terceira mellor obra infantil e mellores intérpretes de reparto infantil, cadete e sénior.
Estes son os 8 premios cos que a Escola Galega de Musical se alzou na gala número 24 do Certame Teatral da Deputación da Coruña. Inma Fandiño e Ame Aneiros conseguiron destacar polas súas grandes interpretacións nas obras "España con honra" e "Irmás", obras musicais que ademais conseguiron a estatuiña a mellor dirección e mellor obra. Este é o segundo ano que o grupo infantil do centro, formado por 15 nenas e nenos consegue o primeiro posto, tras sorprender non só pola súa grande interpretación senón polas súas fermosas voces. Primeira ocasión para o grupo de adultos, tras o cuarto posto do ano 2022, grazas a un polémico drama histórico de autoría española adaptado por Sara Fandiño e Emilio Salgado. Tamén os alumnos do grupo infantil do colexio Santo Domingo, dirixidos pola escola, entraron con forza no concurso, quedando en terceira posición e con estatua para Xoan Sande pola súa interpretación en "Cabaré"
A noite non só se caracterizou polo éxito dos nosos participantes senón pola súa impecable actuación en directo, coa que gozou todo o público, nenos e adultos.
Tras os agradecementos ó xurado e á organización, só queda comezar a traballar nas propostas no ano que ven.