Nós
A EGTM emprende un camiño de ampliación das nosas artes, achegando ós nosos veciños e veciñas unha das vertentes máis populares do teatro.
Tras anos de estudo e dedicación ás artes escénicas e audiovisuáis, atopamos un oco valeiro na formación total do actor dende a infancia. A exixencia de unificar disciplinas artísticas para afrontar as modas teatrais require unha formación completa do actor, imposible de afianzar se non se comeza a traballar dende neno.
Contamos tamén cá ilusión de crear unha vertente propia e xove no drama galego, preto das grandes producións de Gran Vía ou Broadway. Temos historias propias que contar e queremos facer das nosas raíces un forte tronco que impulse a nosa cultura un paso máis aló e dea cabida a xoves actores que emigran en busca de teatro musical a Madrid, Londres ou América.
Nos últimos anos, medra o número de matrículados nas ensinanzas artísticas de réxime especial, incluida a especialidade en interpretación musical, que ofertan cada vez, maís ESADs españolas e escolas privadas. Nós, ofertamos unha educación preto da casa.
Compañía profesional
Este 2019 comeza o camiño da nosa compañía especializada en teatro musical. As audicións para pertencer a esta, serán bienais, e publicaranse na web.
Un equipo con formación específica

Dirección - Sara Fandiño
Actriz de teatro e televisión, especializada en Teatro Musical na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, Licenciada en Comunicación Audiovisual e Técnico Nacional de Ximnasia Rítmica. Con formación en interpretación, canto e danza, e mestra das tres disciplinas. En activo na compañía de teatro musical "La Bicicleta" en xira por territorio nacional.

Outros especialistas
Outros membros da comunidade teatral nacional e internacional, impartirán clase na nosa escola.
Farán cursos monográficos e clases maxistráis ademáis de pasar polas aulas dos nosos alumnos regulares.