Teatro Musical en A Coruña
12.11.2018
A Escola Galega de Teatro Musical, comeza o curso 2018/2019 con forza.
Os nosos alumnos de preparatorio recibiron esta semana a visita da especialista en teatro do xesto, Alba Navarro. Con ela traballaron corpo e voz dun xeito moi divertido e interesante. Unha lección maxistral chea de técnica e enerxía que poderán aplicar sen dúbida nas súas clases de teatro musical.
Grazas Alba!