NOVO! CLASES PARTICULARES DE CANTO

03.02.2019

Comezamos forte o segundo trimestre. Dende este mes de febreiro a Escola Galega de Teatro Musical, ofertará na Coruña, clases de canto personalizadas aplicadas á interpretación. Non te conformes con cantar, interpreta cada tema transmitindo como nunca a súa mensaxe. 

Nas nosas clases de canto, centrámonos na unión do corpo e a voz, para recuperar ou descubrir o son fluido e fácil característico de cada persona e esquecernos das tensións larínxeas que tantos problemas poden traer. 

As clases de canto son para todas as idades. Ademáis se es actor e queres traballar a voz cantada, como complemento ou para algún papel específico, esta é a túa escola!