Danza Teatro na Escola Galega de Teatro Musical

12.11.2018

Esta semana visitou a nosa escola de teatro musical a actriz galega, Lucía Sánchez, que achegou ós nosos cativos do grupo elemental, ó mundo da danza-teatro. Unha clase extraescolar distinta e orixinal para os nosos nenos da Coruña, na que tomaron conciencia do seu corpo e as posibilidades que este poderá ofrecerlles en escena. Seguiremos as nosas actividades de corpo e voz tendo moi en conta a súa clase de teatro. 

Grazas Lucía!