CURSOS E CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021

21.05.2021

Os cursos e campamentos de verán 2021 xa vos están agardando! Este ano cunha gran novidade... CLASES Ó AIRE LIBRE!

A EGTM lanza a súa campaña de verán. Como gran novidade deste ano, os alumnas e alumnos gozarán das instalacións e xardíns do IES Rafael Dieste, na Coruña, onde como cada ano realizarán a súa inmersión nas artes escénicas. As prazas serán limitadas atendendo ós criterios sanitarios e a aceptación no curso será por estrita orde de matriculación. Para elo será preciso formalizar a matrícula enviando a folla de inscrición e o xustificante de pago. 

O campamento infantil e xuvenil será para nenos e nenas entre 4 e 14 anos, e comprenderá de unha a 4 semanas a escoller entre os meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 14:00.

Doutra banda os cursos para adultos, serán quincenais, e os alumnos e alumnas poderán escoller participar na quincena do 12 ó 23 de xullo ou do 26 de xullo ó 6 de agosto.

Podedes descargar toda a información nos seguintes enlaces.