Curso 2020/2021 e Covid 19

A EGTM limita a 7, as prazas para cursar cada un dos seus módulos de ensinanza.

Ofertará novos cursos e duplicará o horario lectivo, para poder manter a distancia social. Así mesmo, continuará impartindo as clases coa obligatoriedade do uso de máscara, xa que non quere arriscar a saúde do alumnado. 

Ademais a toma da temperatura será obrigatoria á entrada da escola. Zapatos e mochilas quedarán na antesala da aula, en compartimentos separados. E a desinfección de mans será rutinaria nas entradas e saídas ademais de para utilizar o resto de instalacións como vestiarios.

O prazo de matrícula empezará o día 20 e rematará o 30 de Agosto. Podes descargar as actividades, horarios e prezos aquí, ou enviar un mail solicitando a folla de matrícula a escolagalegadeteatromusical@gmail.com