Campamento Escola Galega de Teatro Musical

19.12.2018

A actriz protagonista do musical Anastasia , María Arévalo e o actor galego David Perdomo, recomendaron a semana pasada o noso campamento de nadal. Eles xa saben que somos a mellor opción para formar actores cantantes e bailarines, non agardes máis para coñecernos. 

Este nadal, non so faremos teatro, canto e danza, tamén traballaremos a parte escenográfica e dramatúrxica, escribindo textos propios e creando elementos como máscaras, ou estupendas caracterizacións. 

Dúas semanas de xuntanza dos nosos alumnos con tódolos aspectos artísticos do teatro musical, que non vos podedes perder, na Coruña.

Envía un mail solicitando a túa praza!