A Escola Galega de Teatro Musical premiada con 5 galardóns no seu primeiro ano de concurso

18.06.2022

O esforzo do noso alumnado, foi premiado esta noite na entrega de premios do consurso teatral da deputación. 

Os nenos e nenas da escola recolleron tódolos galardóns posibles da categoría infantil: mellores intérpretes principais e secundarias (Nuria e Julia), mellor dirección, e mellor obra, un premio que recolleron con moita emoción e agradecemento tras o esforzo que fixeron por sacar adiante Aniña! Xuntas por fin!

Doutra banda, a nosa compañía amadora, obtivo un marabilloso 4º posto coa obra MILLO, a primeira tradución galega do musical Spring Awakening, Unha traxicomedia cun final triste pero que nos deixa alerta sobre á educación e os valores que impartimos ós mozos e mozas.