A EGTM prepara o campamento de verán extremando as precaucións ante o Covid 19
PREINSCRICIÓN
Como cada verán ofertamos a posibilidade de introducir a máis alumnos no universo do teatro musical para gozar e traballar na unión das súas disciplinas: danza, canto e interpretación teatral. Un curso intensivo artístico-cultural no que os nenos máis creativos e dinámicos atoparán a mellor vía de escape tras a tensión do curso lectivo e o encerro dos últimos meses.
Para elo extremaremos as precaucións e faremos unha redución dos grupos a un máximo de 10 alumnos por semana; minimizando así, os riscos de contaxio non só do Covid-19 se non de toda posible afección. Seguiremos e comunicaremos as medidas sanitarias establecidas polo estado.
Información xeral do curso
Ten como obxectivo a inmersión dos alumnos no mundo do Teatro Musical e polo tanto, das distintas disciplinas das que se compón. Descubrirán os principios básicos da Arte Dramática na súa especialidade musical e participarán na creación de montaxes que integren interpretación, canto e danza.
Danza: Unha das formas máis divertida de estar en forma. Estimula a circulación e mellora a axilidade e o equilibrio. Tamén axuda a traballar a expresión corporal e a corrixir a postura. "Mens sana in corpore sano"
Canto: Mellora a capacidade vocal, auditiva e pulmonar, fortalecendo o aparato respiratorio. O canto traballa co diafragma con melloras na expresión oral cotiá. Libera e fai esquecer as tensións. Respira felicidade.
Interpretación: A mellor forma para comunicar con paixón. Mellora as habilidades sociais, e axuda aos alumnos a falar e expresarse con claridade, algo cada vez máis demandado no ámbito laboral e que sen dúbida, é preciso traballar dende neno. Ademáis axuda a profundizar na lectura, e mellorar a comprensión lectora. Favorece a creatividade lo alumno mediante a improvisación e a resolución de conflitos. Actuando, os alumnos están nunha búsqueda constante, toman decisións, aprenden máis sobre eles e sobre os demais e sobre todo, empatizan. Non sexas tímino, soña, vive outras vidas.
Bloques de estudo:
-Interpretación: Interpretación Musical e Improvisación.
-Voz e música: Canto e Música, Expresión Oral e Repertorio.
-Corpo: Danza, Acrobacia e Expresión Corporal.
-Escenografía: Caracterización, Máscaras e Escenografía.
Duración e número de prazas:
O campamento terá módulos semanais. É posible que os alumnos asistan só unha semana; dúas, tres, catro, cinco seis ou sete. Permitirase un máximo de 7 alumnos por semana.
Idade do alumnado:
Estará indicado para alumnos entre os 4 e os 16 anos. Os alumnos serán organizados por idade e habilidades.
Obxectivos do curso
-Abordar o proceso de aprendizaxe sen prexuízos: Os coñecementos previos do alumno non deben obstaculizar a adquisición dos novos.
-Cumplir coas normas de hixiene específica da actividadade: Aprender a acondicionar o corpo e a mente para unha actividade que vai exixir un esforzo físico e mental. Manter unha actitude que permita analizar e percibir a propia persoa con enerxía e profundidade.
-Comprometerse co traballo persoal: Tomarán conciencia da importancia do estudo se queren que os proxectos nos que participan avancen.
-Puntualidade: Entrar a la clase ordenada e puntualmente.
-Cultivar actitudes que fomenten a comunicación e a confianza, evitando que o mal humor e o desánimo interfiran no proceso de aprendizaxe.
-Expresar con claridade e respecto as ideas, conceptos ou sensacións para favorecer o intercambio.
Obxectivos específicos:
-Coñecer e levar á práctica os sistemas de interpretación na posta en escena do espectáculo.
-Aplicar as ferramentas de corpo, voz e interpretación na posta en escena do Teatro Musical.
-Crear espectáculos.
-Aprender a traballar de forma autónoma e a valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor.
-Fomentar a capacidade para automotivarse e organizarse nos procesos creativos.
-Utilizar a capacidade da imaxinación, a intuición, a intelixencia emocional e o pensamento creativo para a solución de problemas e para resolver situacións ficticias.
-Coñecer e aplicar a disciplina propia da arte dramática con boa actitude e implicación.
-Fomentar a expresión e creación persoal, integrando os coñecementos técnicos e prácticos adquiridos, asumindo o risco e tolerando o fracaso.
-Coñecer os principios de comunicación e expresión propios da linguaxe teatral.
-Recoñecer e tomar conciencia das posibilidades expresivas, corporais e vocais a través do teatro.
-Deixar atrás a timidez, e posuir ferramentas para loitar contra ela.
-Falar e expresarse con determinación e claridade.
-Mellorar a dicción.
Metodoloxía
O método utilizado respecta os seguintes principios:
-Principio de priorización da práctica: a maior parte do traballo consiste na realización de exercicios prácticos e xogos.
-Principio de actividade e participación: mediante actividades que favorezan o dominio técnico e estimulen aos alumnos na dinámica da clase. Animarase á acción mediante comentarios críticos e reforzos positivos.
-Principio de individualización: respectando as diferenzas de cada alumno, favorecendo a adaptación á sua orixinalidade e expresividade.
-Principio de progresión: ordenación da actividade segundo un criterio de complexidade crecente.
-Principio de colaboración: fomentando a colaboración técnica e artística entre os alumnos.
-Principio de autoaprendizaxe: que permita que o alumnado descubra por el mesmo a aplicación e a finalidade do traballo, favorecendo a autorreflexión.
Actividades
Danza: Faremos un percorrido polos distintos estilos de baile dende os seus inicios primitivos como culto en sociedades primitivas ata as danzas urbanas máis modernas, pasando polo ballet, as danzas históricas e como non, o estilo fundamental do teatro musical, o jazz.
Acrobacia: Sen asumir riscos innecesarios, intentaremos que os rapaces e rapazas teñan unha primeira toma de contacto con esta actividade tan saudable e grupal. Prepararán o seu corpo para asumir os traballos de áxil e portor e traballarán a importancia de axudarse entre compañeiros e traballar en equipo.
Expresión corporal: O corpo, queda nos tempos modernos relegado a unha posición secundaria fronte a expresividade vocal, pero non podemos esquecer, que non existe unha boa comunicación se ambas partes traballan de xeito aillado. É fundamental que dende a infancia, corpo e voz traballen xuntos nunha comunicación completa. O corpo é o motor e soporte das nosas emocións.
Música: Veranse os conceptos básicos da linguaxe musical e as aplicacións da materia dentro da expresividade e a interpretación teatral. Traballarase o oído musical e os conceptos tempo-ritmo.
Canto: O canto é a materia por excelencia no teatro musical. Aprenderán a técnica vocal básica no traballo de voz falada e cantada, pero tamén traballarán o canto aplicado á arte dramática, sen esquecer a fundamental unión corpo-voz.
Expresión oral: Os problemas na fala son comúns a estas idades. Os nenos e nenas poderán traballar a importancia da palabra oral e a boa pronunciación. É importante que os cidadans teñan cada vez máis consciencia do uso da palabra e de como temos que falar e presentar proxectos en público.
Repertorio: Farase un pequeno percorrido polo repertorio da historia do Teatro Musical.
Teatro/Interpretación/Improvisación: Traballaranse as distintas ferramentas da Arte Dramática e a aplicación teatral desta. Os alumnos participarán nunha montaxe teatral na que serán uns auténticos actores e actrices de teatro musical, interpretando, cantando e bailando. Ademáis coñecerán a raíz do traballo actoral, dende os comezos do proceso: análise de textos, estudo e creación de personaxes, dominio das emocións...
Escenografía, máscaras e caracterización: O mundo do teatro contén unha boa parte de traballo plástico que os nenos poderán coñecer diseñando e compoñendo o seu atrezzo, máscaras e maquillaxe. Este é un traballo plástico e manual pero no que tamén se traballa a creatividade, a destreza manual e a organización de tarefas. Dadas as particulares condicións sanitarias, este ano cada alumno deberá traer o seu propio material, que indicaremos nos primeiros días de clase.
Instalacións
Realizaremos o campamento no noso centro, situado na rúa Rodrigo A. De Santiago 47 (Ventorillo. A Coruña. 15010).
Horario
O curso comezará ás 9:30 e rematará ás 14:00. Os pais e nais que teñan problemas de horario poden consultar modificacións específicas co profesorado.
Merenda e vestiario
Cada alumno terá que traer unha pequena merenda para o descanso e unha botella de auga. Ademáis e imprescindible traer roupa cómoda e un par extra de calcetíns.
Prezos
1 semana - 100 euros persoa
2 semanas - 180 euros persoa
3 semanas - 263 euros persoa
4 semanas - 340 euros persoa
5 semanas - 412 euros persoa
6 semanas - 480 euros persoa
7 semanas - 543 euros persoa
Temos descontos para irmáns!